Boas alumnos e alumnas!
Esta semana vamos a traballar co mapa topográfico, que é unha representación do relevo terrestre nunha escala definida. Para iso, necesitamos usar os programas Six Pac e Nomenclator.
Para comenzar realizaremos un perfil topográfico. Nesta imaxe colleremos unha zona da localidade de Coristanco coas curvas de nivel marcadas; nela vese reflexado o colexio CPI Alcalde Xosé Pichel e o Rego da Balsa.
Como podedes ver, nela hai debuxada unha línea que pasa por diferentes curvas de nivel. Logo de marcar cunha regra cada centímetro da liña deducimos a medida da curva de nivel correspondiente.
A continuación, enseñovos unha representación gráfica realizada co programa Teechart que recolle os datos das diferentes curvas de nivel.
Agora toca traballar un pouquiño! Deixovos unha secuencia de actividades para traballar cos datos proporcionados anteriormente.
1. En qué dirección de atopa San Roque (Coristanco)? Entre que lugares se encontra o río Rego da Balsa?
2. Indica as cotas de Traba (Santa María) e o Centro Escolar, CPI Alcalde Xosé Pichel.
3. Fixándote nas curvas de nivel, localiza e marca os puntos de maior e menor altitude.
4. Realiza un corte topográfico, con lugares que estén presentes na imaxe e marca a cota dos diferentes puntos coa axuda das curvas de nivel.
- Tendo en conta o seguinte mapa topográfico, realiza as actividades que o seguen.
1. Calcula a distancia que hai entre San Roque e Podrizo e entre O Canal e A Miñata, tendo en conta a escala situada no extremo inferior esquerdo.
2. Calcula a escala de de este mapa sabendo que entre San Roque e A Rocheira hai 2.5 km de distancia.
3. Calcula a distancia entre o Centro Escolar, CPI Alcalde Xosé Pichel, e A Varela utilizando o Six Pac.
4. Calcula a distancia que hai entre os diferentes lugares da parroquia de Traba; para iso utiliza o Six Pac e o Nomenclátor.



No hay comentarios:
Publicar un comentario